¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.
Himno nacional de Galiza.
Creo que todos sabemos que é este poema de Pondal e musicalizado por Pascual Veiga.
O Hino (ou himno) é o símbolo acústico mais solemne e transcendental de Galicia como comunidade política. Como un producto da cultura galega, reflexa o ambiente social e cultural de Galicia, como un dos seus mais importantes testimonios. É un Hino que, dende a súa estrea en 1907, pasou por moitas vicisitudes, dende a prohibición absoluta, en tempos de restricción espiritual e expresiva, ata a permisividade total, sen obstáculos nin censura, pasando por situacións intermedias, moitas veces ambiguas, nas que se tolerou a súa práctica, pero interpretado como unha canción mais dentro do rico folklore galego. Xurde en “La Habana”, froito do espíritu organizador dun linotipista emigrante, polo que, ó igual que a Bandeira* e o Escudo*, está vinculado ó espíritu creador da Galicia emigrante. É o único símbolo galego que non foi contestado ou criticado, polo que esperta a adhesión de tódolos medios nacionalistas e rexionalistas e de persoas que non se distingan por un excesivo celo centralista.
Galicia é rica en símbolos acústicos ou sonoros de tipo ideolóxico e político. Os berros ou gritos son moitos e utilizanse con frecuencia, tanto en festas típicas, como en actos patrióticos. Algúns destes berros
teñen efecto rubricante, para rubrica-la culminación dun acto político,
como «¡Terra a Nosa!» ou o de «¡Galicia ceibe!». Mais que gritos ou
berros de identificación e de adhesión e proselitismo son instrumentos
de afirmación e de profundización no espíritu comunitario que se vive
nese momento no banquete no acto político ou cultural. Pode ser
utilizado como medio de contestación, cando se atopan elementos de dúas
forzas totalmente diferentes, na que unha se distingue polo seu acusado
centralismo e non acepta os símbolos de Galicia. Poden ser utilizados,
tamén, como divisas especiais, para distingui-la emoción que desperta
calquer aspecto cultural de Galicia.
Algúns berros, gritos ou divisas son
anteriores á elaboración e estrea do Hino. No s. XIX utilizaronse
algúns moi específicos, sobre todo por Alfredo Brañas, interesado na
creación dunha simbólica política para o rexionalismo galego. ¡Surge et ambula!, explicao no seu discurso nos Xogos Florais de Tui, porque esas palabras dos Evanxeus serán o lema das nosas libertades: Pro libertate patria
é outro grito ou lema, que, na súa obra El Regionalismo di que «se
dieron la mano las provincias y los pueblos gallegos antes aislados». O
mais utilizado, sen embargo, e o de «Deus Fratresque Galleciae»,
non sempre escrito do mesmo xeito, pero dito en moitos discursos, como o
do banquete do 7 de maio de 1893 en Barcelona, no que dixo que: «bien
quisiera que al lema que hemos adoptado de Deus fratresque gallaici
se le añadiesen algunas palabras más y resonase en los valles y
montañas de la nativa tierra este grito de guerra regionalistas: "Dios,
los hermanos gallegos y sus aliados los catalanes"». No El Regionalismo di do lema o grito que s «el santo lema de Deus fratresque Galaicae,
lacónico pero sublime resumen de nuestro credo regionalista». Este lema
ou grito aparece en varias ocasións, posteriormente, figurando, por
exemplo, en Antífona da cantiga de Ramón Cabanillas, publicada no ano 1951, en Vigo, para termina-lo seu prólogo, dicindo que: «Falo c-os que profesan con fe invencibre na groria e santidade da nosa anterga divisa: Deus Fratresque Galleciae».
O destino do berro ou grito é
extinguirse no momento do acto patriótico, cultural ou recreativo,
cumprindo a súa función integradora, rubricante ou exaltadora no acto
mismo. Pero, moitas destas exclamacións convertindo en divisas escritas
e sendo, incluso, base para títulos de libros e revistas. Aínda cando o
seu destino primario é o acto da súa pronunciación, logo utilizanse en
escritos de diverso tipo, como libros, revistas, adhesivos e outros
medios nos que predomina a escritura. Cun variante, o grito de «¡Terra a
nosa» escríbese nunha folla solta do 30 de maio do 1921, asinada por
Xavier Soto e Manuel Antonio, na que no seu encabezamento escríbese
«¡Terra ceibe!» e termina coa rúbrica citada de «¡Terra a nosa!». Esta
folla é importante para establecer unha relación entre o Hino e a
Bandeira, porque se dirixe «Ós bos galelos» para explicar como a
«Mocidade galeguista de Vigo» pedira ó Concello desta cidade que nos
actos oficiais ó lado da Bandeira española figurase a galega, e como a
petición foi unánimemente votada en contra.
Outros símbolos acústicos ou sonoros poden
sustituir, nalgunhas ocasións, ó Hino galego. O aspecto conxuntivo do
Hino, antes da súa creación en 1907, lográbase por medio dalgunhas
famosas cancións galegas, sobre todo con «Negra sombra», música
de Juan Montes e letra de Rosalía de Castro, feito que se documenta
perfectamente no «Manifiesto para la Solidariedad gallega», firmado na
Coruña o 14 de septembro de 1907, e nas que as últimas palabras dise o
seguinte: «Decid, pues: si ahora no es la hora de reflexionar hondo y
revolverse firme para salir de casa y hacer la unión gallega, la de
todos los gallegos que sienten un nudo en la garganta al escuchar Negra sombra
y energía en su alma al oir un viva a Galicia. decid. ¿cuándo será?».
Os coros e orfeóns tiñan que utilizar estas canciones galegas, sobre
todo a mencionada polo seu sentimiento e capacidade conxuntiva, en
sustitución do Hino, pero logo quedaron no seu debido lugar, como
excelentes obras da música galega. para interpretar dentro da súa
auténtica finalidade artística e cultural.
Desde o ano 1968 a canción folk,
titulada «Venceremos», utilizada según a versión de Joan Baez, ocupou en
moitos casos o lugar do Hino galego, en circunstancias especiais, sobre
todo en intres nos que predominaba o ambiente propicio de protesta.
Cantárono especialmente, públicos xuvenís, case sempre como un modo de
protesta, de afirmación e de reivindicación fronte ó centralismo, a
inxustiza e a dominación de Galicia.
Moitos símbolos acústicos, como os berros, as cancións en xeral de alusión política, os slogans, divisas e lemas, nalgúns movementos de masas, de tipo político, ou en actividades como as do Día de Galicia, ou da Patria Galega, únense e forman unha totalidade acústica de tipo simbólico que culmina xeralmente co Hino galego.
O hino galego, pois, forma parte dun
complexo simbólico, como un subsistema do sistema político galego, pero
non limitado á expresión oral ou acústica. Con motivo da promulgación do
Estatuto de Galicia, aprobado o 21 de Decembro de 1980, a Federación de
Sociedades Filatélicas de Galicia, conseguiu a emisión dun selo do
Estado, no que o lema foi o Hino galego. O boceto foi realizado por Xosé
Guitián Seixo e, como sucede nestes casos en Galicia, cando se
inauguran placas, etc., non estivo exento de polémica. Foi unha
importante contribución á difusión do Hino galego, reproducindo a
partitura do mesmo no mapa de Galicia, co Escudo ó lado, co fondo azul
no mar e o branco no chan galego. Editouse un sobre especial, co Hino
ocupando a súa terceira parte; logrouse un mataselos especial tamén, cos
retratos de Pondal e Veiga, con motivo do 17 de Maio de 1981 e a
revista da federación adicou especial atención ó tema do Hino.Moitos símbolos acústicos, como os berros, as cancións en xeral de alusión política, os slogans, divisas e lemas, nalgúns movementos de masas, de tipo político, ou en actividades como as do Día de Galicia, ou da Patria Galega, únense e forman unha totalidade acústica de tipo simbólico que culmina xeralmente co Hino galego.
Grazas a himnogallego.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario