martes, 24 de marzo de 2015

Boas! Hoxe vamos falar de música, todos sabemos o que é a música e escoitamola algunha vez, seguramente teñas escoitado moitos tipos de música e teñas as tuas preferencias e posibelmente fagas música xa ben tocando algún instrumento ou simplemente cantando na ducha. A música é algo esencial na especie humana e que temos no ADN coma moitas especies superiores que ou ben cantan para namorar ou por diversión, nos humanos esta faceta de distintos ruidos con ritmos diferentes, que chamamos música, que usamos para entreternos e para divertirnos esta moi desenvolvida sen embargo noutros animais como chimpancés, delfíns, gatos etc tamén teñen está desenvolvida, inda que non tanto, estes animais tamén teñen percepción de ruido, ritmo e son capaces de entreterse con eses sons.
Pódese decir que a música nace co xénero homo e vai evolucionando xunto el. Primeiro, quizais ca voz (posibelmente o mais antergo) cas palmas, pedras, paus, auga... e logo xa con instrumentos propiamente ditos, moi prehistoricos eso si, como caixas de percusión (eran seguramente arbores como as usan hoxe en dias os bonobos), ou caixas de resonacia para amplificar o son (posiblemente zonas especificas das covas)... Maís tarde aparecerían os primeiros instrumentos feitos co fin de entreter: paus ocos con tambores ou flautas.O instrumento mais antigo é unha flauta de fai 35.000 anos etc.
E bueno esto vai evolucionando xunto que vai evolucionando o cerebro i evoluciona a nosa capacidade de crear instrumentos. (A continuación vemos o primeiro instrumento do que hai constancia).

Ningún comentario:

Publicar un comentario