xoves, 12 de marzo de 2015

Ola! Bo día, son Martín, vou escribir este blog ou caderno de bitácora extraño principalmente dos meus gustos que van dende o meu pais a musica, entretementos etc.
Neste caderno vou postar dende fotos de Galiza ata rapeiros e outros músicos que me gusten.
A primeira publicación que vou facer será un poema de Curros Enríquez:

Aquí vén o maio
de frores cuberto...
puxéronse á porta
cantándome os nenos;
i os puchos furados
pra min estendendo,
pedíronme crocas
dos meus castiñeiros.

Pasai, rapaciños,
calados e quedos;
que o que é polo de hoxe
que darvos non teño.
Eu sónvo-lo probe
do pobo gallego:
pra min non hai maio,
¡pra min sempre é inverno!...

Cando eu me atopare
de donos liberto
i o pan non me quiten
trabucos e préstemos,
e como os do abade
frorezan meus eidos,
chegado habrá entonces
o maio que eu quero.

¿Queredes castañas
dos meus castiñeiros?...
Cantádeme un maio
sin bruxas nin demos:
un maio sin segas,
usuras nin preitos,
sin quintas, nin portas,
nin foros, nin cregos.

 Curros Enríquez, Manuel (1996) Aires da miña terra
Manuel Curros Enríquez, 

Ningún comentario:

Publicar un comentario